domingo, 5 de diciembre de 2010

O carballo

O carballo común (Quercus robur) é unha árbore tipicamente caducifolia moi abundante en Galicia.. Medra, sobre todo nos vales e nas marxes dos ríos. Resiste ben o fró do inverno.
As súas follas, poden ter uns 10 cm. le longo coa marxe con 5 ou 7 lóbulos anchos e redondeados.Teñen unha cor verde típica e ten un curto peciolo.
As landras son os seus froitos. Son ovais e agrúpanse cada 2 ao remate dun longo pedúnculo
A súa madeira é parda pálida, doada de traballar e moi duradeira. Emprégase en barcos, construcción, mobles ou pisos.



O bosque formado por carballos chámase carballeira.
A fraga, como se lle denomina nalgúns lugares, é un bosque mixto no que predominan os carballos pero tamén conviven abeleiras, freixos, negrillos, herbedos, loureiros, acivros, etc.









A follame do carballo da sombra, pero ao mesmo tempo permite o paso da luz o ata chan. Deste xeito moitas herbas e arbustos poden medrar nunha carballeira o que permite desenvolverse unha fauna abundante de insectos, paxaros, roedores, xabaríns,...
Nalgunhas zonas pódense ver, no outono, porcos nas carballeiras en busca de landras. Sen embargo é moito máis común que, homes e mulleres, as apañen nun cesto para logo mesturalas coa comida dos porcos para axudar a súa ceba.





O carballo da portela
ten a folla revirada
que lla revirou o vento
unha mañá de xiada

Cantiga popular


O Carballo de Santa Margarida
Moi preto da nosa escola, no lugar de Santa Margarida-Mourente, hai unha capela adicada a honra desta santa que ten ao lado un carballo centenario (hai quen se atreve a asegurar que milenario) do que se escribeu moito. 
Fronte a este carballo e a capela vivíu Frai Martín Sarmiento que entre outras cousas escribiu:

Eu Marcos Portela                                   Pasei por ventura
do Monte Porreiro,                                  indo ver ó crego   
que son mal pocado                                 Jacinto, que estaba    
un pobre labrego,                                     en Taboadelo
                                                                ....
De aquí foi tomado o nome da nosa escola, pois Marcos da Portela era un labrego, veciño de Martín Sarmiento cando era neno, e do que aprendeu moitas cousas, sobre todo a lingua que despois de adulto el tanto defendería. 





O noso grupo de clase saíu a coñecer o carballo ao natural: