domingo, 5 de diciembre de 2010

O carballo

O carballo común (Quercus robur) é unha árbore tipicamente caducifolia moi abundante en Galicia.. Medra, sobre todo nos vales e nas marxes dos ríos. Resiste ben o fró do inverno.
As súas follas, poden ter uns 10 cm. le longo coa marxe con 5 ou 7 lóbulos anchos e redondeados.Teñen unha cor verde típica e ten un curto peciolo.
As landras son os seus froitos. Son ovais e agrúpanse cada 2 ao remate dun longo pedúnculo
A súa madeira é parda pálida, doada de traballar e moi duradeira. Emprégase en barcos, construcción, mobles ou pisos.



O bosque formado por carballos chámase carballeira.
A fraga, como se lle denomina nalgúns lugares, é un bosque mixto no que predominan os carballos pero tamén conviven abeleiras, freixos, negrillos, herbedos, loureiros, acivros, etc.









A follame do carballo da sombra, pero ao mesmo tempo permite o paso da luz o ata chan. Deste xeito moitas herbas e arbustos poden medrar nunha carballeira o que permite desenvolverse unha fauna abundante de insectos, paxaros, roedores, xabaríns,...
Nalgunhas zonas pódense ver, no outono, porcos nas carballeiras en busca de landras. Sen embargo é moito máis común que, homes e mulleres, as apañen nun cesto para logo mesturalas coa comida dos porcos para axudar a súa ceba.





O carballo da portela
ten a folla revirada
que lla revirou o vento
unha mañá de xiada

Cantiga popular


O Carballo de Santa Margarida
Moi preto da nosa escola, no lugar de Santa Margarida-Mourente, hai unha capela adicada a honra desta santa que ten ao lado un carballo centenario (hai quen se atreve a asegurar que milenario) do que se escribeu moito. 
Fronte a este carballo e a capela vivíu Frai Martín Sarmiento que entre outras cousas escribiu:

Eu Marcos Portela                                   Pasei por ventura
do Monte Porreiro,                                  indo ver ó crego   
que son mal pocado                                 Jacinto, que estaba    
un pobre labrego,                                     en Taboadelo
                                                                ....
De aquí foi tomado o nome da nosa escola, pois Marcos da Portela era un labrego, veciño de Martín Sarmiento cando era neno, e do que aprendeu moitas cousas, sobre todo a lingua que despois de adulto el tanto defendería. 





O noso grupo de clase saíu a coñecer o carballo ao natural:



viernes, 22 de octubre de 2010

O SAMAÍN

Por fin chegou o outono, por fin chegou o SAMAÍN. Tempo de medo, de lendas, de contos de bruxas, … a Santa Compaña. Nos, como todos os anos, seguimos celebrando estas datas con actividades propostas desde a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística. Teremos cabazas, conxuros, cancións ...

Este ano dende o cole faise a suxerencia de decorar as cabazas facendo referencia a "O BOSQUE". xa que este ano é o áno da Floresta.
 
Como se prepara unha cabaza

Completa este testo sobre "O Samaín"

jueves, 14 de octubre de 2010

jueves, 7 de octubre de 2010

A vendima

No cole falamos do outono. Como unha das actividades máis coñecidas nesta comarca é a vendima, lemos na clase o libro " O viño" da colección :Quero saber...










Os nenos debuxaron as distintas fases da vendima tradicional                                                                        No taboleiro da clase están expostos os resultados


Na primeira viñeta amosase a recolleita dos acios  ou vendima propiamente dita.              A continuación, nunha segunda viñeta representase a forma de trasladar a uva desde a parra ata a bodega.

Esa uva, xa na bodega, písase para sacarlle o primeiro zume.Operación que se ve na viñeta número tres.                                                 
Logo acabaráse de estrugar todo o bagazo nunha prensa e o líquido extraido, mosto, verterase nuns bocois axeitados onde fese deixa fermentar (ferver) durante uns días . Con esta fermentación xa se vai transformando en viño que finalmente, pasado o tempo preciso, se filtra e se embotella.