jueves, 7 de octubre de 2010

A vendima

No cole falamos do outono. Como unha das actividades máis coñecidas nesta comarca é a vendima, lemos na clase o libro " O viño" da colección :Quero saber...










Os nenos debuxaron as distintas fases da vendima tradicional                                                                        No taboleiro da clase están expostos os resultados


Na primeira viñeta amosase a recolleita dos acios  ou vendima propiamente dita.              A continuación, nunha segunda viñeta representase a forma de trasladar a uva desde a parra ata a bodega.

Esa uva, xa na bodega, písase para sacarlle o primeiro zume.Operación que se ve na viñeta número tres.                                                 
Logo acabaráse de estrugar todo o bagazo nunha prensa e o líquido extraido, mosto, verterase nuns bocois axeitados onde fese deixa fermentar (ferver) durante uns días . Con esta fermentación xa se vai transformando en viño que finalmente, pasado o tempo preciso, se filtra e se embotella.


1 comentario:

  1. Estades facendo un traballo maravilloso. Queda moi ben reflexado tódolos pasos a seguir na vendima e posterior realización do viño.
    O voso blog resulta moi variado e interesante.

    ResponderEliminar